10.00 h.
Feira de Olería Lugo Tradicional na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos) até ás 22.00h.

12.00 h.
Pasarrúas de Caivanca polo Recinto Histórico.

12.00 h.
VI Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina. Demostracións de; talla de cabazas, talla de bastóns e exposición de colchas. Das 12h ás 20h no Centro Cultural O Vello Cárcere.

17.00 h.
Espazo Hip Hop na praza da Mosqueira. Das 17h ás 1.00h coas actuacións de; Escola de Baile Stardance, exhibición graffiti Diego As, batalla de galos, YNGZ, O Pirata, A. Carisma, MKP CREW e ISRAEL B e Lowlight.

17.30 h.
Saurus”. Espectáculo itinerante para público familiar de Close Act. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na avda. Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.

18.00 h.
X Desfile de Gando tradicional do San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Coa actuación de Cántigas e Frores.

19.00 h.
Pasarrúas de Cántigas e frores pola praza Maior, Campo Castelo, rúa Raíña e rúa San Pedro.

20.00 h.
Os Pelúdez entre nós. Polo recinto histórico.

20.00 h.
Xigantes e cabezudos + Reviravolta na praza Maior.

20.30 h.
Pasarrúas de Reviravolta polo recinto histórico, Zona dos viños.

21.00 h.
Concerto de ANDREA MOTIS na praza de Santa María.
Ás 20h Teloneiros: MINTON´S JAZZ.

22.00 h.
Concerto de MUCHACHITO BOMBO INFIERNO na praza Horta do Seminario.
Ás 21h Teloneiros; SKINTIGHT

23.00 h.
Verbena coa orquestra ARIZONA na praza Maior.

23.00 h.
Concerto de DAKIDARRÍA na praza Santa María.

00.30 h.
Actuación dos FESTICULTORES TROUPE polo recinto histórico.